Celebramos o magosto con todos os profes. Na clase xogamos coas castañas, emborrallámonos, comemos e pasámolo boooomba!
Aquí está a mostra. Espero que o disfrutedes tanto coma nós. Un saudiño.
viernes, 20 de noviembre de 2009
martes, 10 de noviembre de 2009
o outono dos CABALIÑOS
UNHA MOREA DE LIBROS INTERESANTES

Na nosa biblio de aula fixemos unha selección de libros e contos de CABALIÑOS. Algúns deles tamén son aportacións feitas por mestres e algún agasallo de RONI. Se algún visitador do blog se lle ocorre algún libro-conto interesante estaríamos encantados de engadilo o noso Recanto. Animádevos e participade. bicos dos CABALIÑOS.
INVESTIGAMOS SOBRE "OS CABALIÑOS"
martes, 3 de noviembre de 2009
A nosa imaxe preferida

Rápidos e veloces indagamos sobre os cabalos. Temos moitos libros e contos nos que descubrimos cousas moi interesantes. Ata navegamos pola rede para ver vídeos, descubrimos outros coles que tamen teñen clase de CABALIÑOS!!!. Agora mesmo, estamos a crear a nosa propia mascota de aula que xa amosaremos en breve. Un bico a todos/as e graciñas por estar aí
Benvidos a clase "OS CABALIÑOS" de 4 anos

Comezamos o curso con moita ilusión: nova clase, novos mestres, volver a estar cos amigos e coñecer ós novos.... A novidade deste ano é o cambio do noso nome de clase. Para sorpresa de moitos, somos ¡"OS CABALIÑOS"!. Polo tanto, imos investigar para coñecer moitas cousas e compartilas con todos vós. Xa iremos mostrando pouco a pouco os nosos traballiños. Un bico a todos/as que nos visitan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)